Saltar ao contido

O Páramo

Un lugar no que nunca pensarías poder estar

  • A RIBEIRA
  • ADAI
  • FRIOLFE
  • GRALLÁS
  • San Vicente
  • Gondrame
  • Moscán
  • NEIRA
  • PIÑEIRO
  • Reascos
  • Ribas de Miño
  • Sa
  • Santandrea
  • TORRE
  • Vilafiz
  • Vilarmosteiro
  • Vilasante
  • VILEIRIZ

Inauguración e bendición do local social de Ribas de Miño

29 Setembro, 2013
0

image
image
image

  O día 29 de setembro de 2013 bendicíanse as obras de reforma do local social da parroquia paramesa de Ribas de Miño. Estiveron invitados ó acto o   Subdelegado do Goberno,  Ramón Carballo Páez, o Alcalde do Concello do Páramo, Gumersindo Rodríguez Liz, o Director do Centro Tecnolóxico Agroalimentario,  Javier López Viana e o responsable do AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) na comarca de Sarria. Carlos Nieto Pérez.
   José Manuel Castro Alba, párroco de San Martíño de Torre, presentaba os actos, despois de celebrar a Eucaristía na igrexa parroquial do seguinte xeito:

   “En nome da Asociación Veciñal de Ribas de Miño, de toda a parroquia, comezo este acto transmitindo o agracedemento pola súa presenza neste lugar e a todos ós que dun xeito ou doutro fixeron posible  que estas instalacións recuperen o esplendor da súa xuventude… porque 50 anos no pasan en balde.

  Miro agora para ó redor e pregúntome pola idade dos aquí presentes: ¿Cantos teñen más de 50 anos?. Cantos estaban aquí hay 50 anos?. Eu só vou citar a unha persoa: D. Edelmiro o párroco. Cando falaba con el sobre os actos desde día e de que se ía a bendicir este local, comentoume que xa o bendicira hai 50 anos, en 1963, cando se construíu tamén a nova igrexa, que sustituía á outra que se prevía que ía ser asulagada polo embalse. Morte de moitas paisaxes e xeitos de vida e alumeamento doutras novas realidades… como o recinto que agora nos acolle. Pero por riba de todo iso están sempre as persoas.

 O local que agora mesmo vai ser inaugurado e bendicido é para servizo das persoas, veciños e amigos desta parroquia. Haberá tempo para disfrutar en harmonía de horas e horas de convivencia. Para medrar en humanidade, para recordar tempos pasados. Así vai a ser o comezo do uso deste local. Invíto a todos os aquí presentes a comentar a súa historia, a rememorar acontecementos senlleiros, a revivir e rexuvenecer, recuperar o esplendor da xuventude como me refería metafóricamente ó falar da reforma do local social. Eu son o primeiro que estarei encantado de escoitar esas historias. E son o último que debería ter falado neste acto, pois son somentes tres anos os que eu estou por estas terras. Espero poder coñecer moitas máis historias de realidades coma as que se viviron e se viven nesta parroquia.

 A igrexa parroquial abriga e protexe estas instalacións, que esta situación sexa reflexo tamén da protección de Deus para todos os que aquí se reúnan”.

O Vilar, Ribas de Miño, 29 de xuño de 2013.

Festividade de San Miguel

Publicado enRibas de Miño
Etiquetasbendición local social Páramo ribas de miño

Navegación de entradas

Entrada anteriorAnterior Vodas de Ouro de D. Manuel López en Rivas de Miño
Seguinte entradaSeguinte A inauguración na prensa

Acerca do autor

José Manuel

Sacerdote de O Páramo (Lugo)

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

José Manuel Castro Alba

Administrador Parroquial

Párroco das parroquias do Páramo, Cela e Cerceda.
Proudly powered by WordPress | Theme: Futurio