Cristo de O Cebreiro



image.jpg

Monday, January 12, 2015 by gualey
2 comments (1001 views)
  1. Xabier Moure

    Sunday, January 25, 2015 - 13:08:17

    Ola, José Manuel. En primeiro lugar, noraboa pola iniciativa que puseche en marcha. Chámome Xabier Moure e formo parte dun colectivo que se chama “Grupo de Acción Cultural Patrimonio dos Ancares”. A principios deste ano interesámonos polo Cristo gótico do Cebreiro, tentando averiguar onde se atopa o orixinal. Como ben sabes, dise que o que está no santuario é unha copia enviada a mediados dos anos setenta. Sempre se dixo que o orixinal estaba no Museo Nacional de Escultura de Valladolid. Postos en contacto co devandito Museo (en todas as informacións figura que se encontra nos inexistentes “Museo de Escultural de Madrid” ou “Museo de Arte Sacra de Madrid”) averiguamos que non se atopa alí, nin estivo nunca. Tamén contactamos co Museo Arqueolóxico Nacional de Madrid, e tampouco está. Estamos á espera de recibir resposta do Obispado de Lugo para que nos achegue algo de luz e para que acometa unhas sinxelas catas na suposta copia para saír de dúbidas e descartar que a talla que podemos ver hoxe non é a orixinal. Como lin que posúes fotos antigas do Santuario, gustaríanos saber se tes algunha do Cristo antes da súa desaparición que se produciría antes de primeiros dos anos setenta.
    O noso correo é: arqueoancares@gmail.com

    Moitas grazas. Un cordial saúdo.

  2. José Manuel

    Saturday, January 31, 2015 - 19:20:23

    No seguinte enderezo pódense ver as dúas versións do Cristo de O Cebreiro nos últimos anos: http://castroalba.es/fotocastro/cristo-de-o-cebreiro/

Add comment

Fill out the form below to add your own comments