A peregrinación como imaxe da vida humana

 A vida é un camiño. Cada un percórreo paso a paso, levando o seu lastre consigo. Damos rodeos, apartámonos do camiño, atravesamos momentos difíciles, atopámonos con camiños doados e camiños tortuosos. Camiñamos xunto a outros, cara a outros. Percorremos camiños que outros xa percorreron antes. Neles atópanse os sinais deixados polos demais, que nos permiten… Seguir leyendo A peregrinación como imaxe da vida humana

Achegamento a Cristo a través do peregrinar

  Queren estar un pouco máis preto de Cristo, descubrir moito máis del camiñando que entre libros e disertacións. Queren experimentar a súa existencia, a existencia daquel predicador de camiños que percorreu durante tres anos Palestina sen asentarse en ningún lugar en concreto. Queren presentarse ante a Igrexa como unha comunidade do camiño, como o… Seguir leyendo Achegamento a Cristo a través do peregrinar

Leandro Pozo Gutiérrez – Sentimento espiritual

Leandro  Pozo  Gutiérrez: De Saint Jean-Pied de Port a Santiago de Compostela, 2000, páxs. 133 s.   “O sentimento espiritual. Hai exemplos para convencer ós máis escépticos. Como imaxinar rezando sen parar a un xove de 20 anos baixo a chuvia? Onde ves emocionarse a un adulto sen interese relixioso e que comeza a chorar ó… Seguir leyendo Leandro Pozo Gutiérrez – Sentimento espiritual

Cambio radical

(Maribel Toro)  “É iluso esperar un cambio total de vida, de obxectivos, de ilusións, que da peregrinación saia unha persoa nova, descoñecida. Nin é posible nin siquera conveniente. A pegada xacobea hai que buscala nas cousas máis sinxelas e próximas, nunha nova forma máis condescendente, menos ríxida, máis sensible de achegarse a todo o que… Seguir leyendo Cambio radical

Peregrinar en grupo

“Din os entendidos que o ideal é face-lo Camiño só e vívese a auténtica experiencia da peregrinación; en grupo, limítase a liberdade. Eu teño que dicir que o fixemos en grupo e creo que sentimos todos a experiencia da peregrinación. Non nos limitou a liberdade. Estivemos abertos coa xente que nos atopabamos”.   Jacint  Sala: En… Seguir leyendo Peregrinar en grupo

Calzado

Simbolismo do calzado  Hai que ir con sandalia se queremos aprender a contemplar. Só quen fai o camiño paso a paso percibe a marabilla dunha flor, pode parar a conversar con outro camiñante, goza da brisa na propia pel e pode levantar os ollos ao ceo. E a quen vai con sandalia pégaselle tamén o… Seguir leyendo Calzado

Mochila

Simbolismo da mochila (segundo Vicente Malabia)   O peregrino percibe simbólicamente tódalas cousas coas que o camiño da vida o vai cargando. Elementos imprescindibles van con outros innecesarios que lastran pesadamente o paso lixeiro do vivir. Posesións, desexos, vicios, manías, mentiras, feridas que non curan, cargan as costas do peregrino da vida, que cada noite… Seguir leyendo Mochila

Humildade e Silencio

Humildade   O Camiño de Santiago non é unha pista onde se pon a proba a resistencia física das persoas. Máis ben é un banco de probas para a túa humildade e unha lección realista das túas posibilidades humanas e espirituais.   Fala con letrados e campesiños con humildade e respecto. Respecta a historia dos vellos… Seguir leyendo Humildade e Silencio

Publicada el
Categorizado como Valores

Motivacións

Motivacións dos peregrinos   Os peregrinos aducen distintas razóns para explica-la súa pere­grinación. Clift e Clift recollen quince razóns distintas, que son as seguintes:  – ir ver un lugar onde ocorreu algo especial;- arrastrarse preto de algo sagrado;- acadar perdón;- esperar e buscar un milagre;- dar grazas;- expresa-lo amor de Deus;- responder ó sentido dunha… Seguir leyendo Motivacións