Oscar González imparte unha conferencia sobre Elías Valiña

O director do Arquivo Diocesano de Lugo, Óscar González Murado, impartirá unha charla no local da asociación La Unión  (r/ Matías López, Sarria), o día 29 ás oito da tarde sobre a figura de Elías Valiña. En concreto sobre unha das facetas do polifacético ‘cura do Cebreiro’, a preocupación que tiña polo patrimonio documental diocesano o sacerdote natural de Sarria.

A charla está organizada pola Unión e polo Seminario de Estudos Sarriaos Francisco Vázquez Saco como parte dos actos en memoria de Elías Valiña que se sucederán nos próximo meses.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *